fbpx

Rueda felicita aos máis de 400 nenos da iniciativa Escola en Camiño por espallar os valores da ruta xacobea

O presidente da Xunta asistiu ao acto de entrega dos premios do certame organizado por Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña.
Redacción-comunidadesLunes, 30 de mayo de 2022
0

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, felicitou aos máis de 400 nenos que participan na iniciativa Escola en Camiño por espallar os valores de respecto, convivencia e superación, que inculcan as rutas xacobeas e por aprender da aventura que significa Camiñar a Galicia.

Durante o acto de entrega dos premios Escola en Camiño, organizado por Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña, Rueda aproveitou a súa intervención para animar a todos os nenos a facer o Camiño de Santiago e seguir aprendendo. “Sodes o futuro de Galicia e tamén do Xacobeo porque construír Camiño é construír Galicia”, abundou.

O presidente do Goberno galego puxo en valor tamén o traballo e a implicación de todo o profesorado para sacar o mellor de iniciativas coma esta. E agradeceu ao Faro de Vigo e a La Opinión o seu compromiso coa educación e co Xacobeo.

0
Comentarios