fbpx

A Xunta adiántase ao Ministerio na implantación do Plan Dixital de Centro e na acreditación de competencias

Román Rodríguez explica que Galicia xa ten avanzado o deseño do modelo de Marco de Referencia para categorizar a cualificación do profesorado que agora se vai aplicar no conxunto do Estado.
Redacción-comunidadesLunes, 27 de junio de 2022
0

Román Rodríguez (der.) na última Conferencia Sectorial celebrada en Madrid.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou a semana pasada na Conferencia Sectorial de Educación, na que se acordou avanzar na consecución das competencias dixitais polos docentes, así como na implantación dos Plans Dixitais de centros.

O representante da Xunta de Galicia explicou que o seu departamento xa se adiantou en ambas tarefas, xa que Galicia xa ten avanzado o deseño do modelo de Marco de Referencia para categorizar o recoñecemento da competencia dixital docente mediante un sistema similar ao establecido para as Escolas Oficiais de Idiomas, no que se estipulan varios niveis.

“Seguiremos a traballar nesta liña, formando profesorado e ultimando o sistema de acreditación para poñelo en marcha o curso que vén”, explicou Román Rodríguez. Neste eido, o responsable autonómico de Educación precisou que no ano académico actual realizáronse 2.500 actividades de formación do profesorado neste ámbito.

O representante da Xunta de Galicia explicou tamén que a Estratexia Educación Dixital 2030, presentada o pasado mes de setembro, establece que cada centro conte cun Plan Dixital está enfocado á mellora da competencia dixital da comunidade educativa no seu conxunto co fin de sacarlle o máximo rendemento ao uso das tecnoloxías dixitais aplicadas ao proceso de ensino-aprendizaxe na aula, e de conseguir que as escolas sexan organizacións educativas dixitalmente competentes.
Tal e como sinalou o conselleiro, a posta en marcha dos Plans Dixitais de centros implica a creación da Rede Galega de Educación Dixital, con 80 docentes especialistas no ámbito dixital que acompañarán aos centros educativos no proceso de deseño, elaboración e implementación do seu Plan Dixital, que deberá estar totalmente operativo o vindeiro curso 2022-23. “De feito, cónstanos que os centros educativos galegos xa están a traballar na preparación de cadanseu plan dixital”, engadiu o conselleiro.
0
Comentarios